Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Apartheid e deporte nunha charla proxección no Multiusos

RR_Noticias

O colectivo Alén Nos organiza hoxe venres día 5 unha charla-proxección baixo o título “O apartheid e o deporte: esperanza e reconciliación” a cargo de David Faro coa proxección do filme “Máis aló dun xogo”no Multiusos

A piques de celebrarse o mundial de fútbol en Sudáfrica, primeiros mundiais que se organizan nun país Africano, e cando ven de se estrear a película Invictus, o Multiusos da Xunqueira acolle hoxe un acto que lles servirá aos asistentes para saber máis das íntimas relacións entre o deporte e os movementos a favor da igualdade entre negros e brancos. Baixo o título “O apartheid e o deporte: esperanza e reconciliación” David Faro presentaranos a película do 2007 “Mais aló dun xogo”. Un filme cuxo argumento está baseado nunha historia real, a dos prisioneiros políticos da Illa de Robben que tentan crear unha liga de fútbol que terminará converténdose nun punto de encontro das ideas políticas e culturais. Logo da proxección establecerase un debate aberto entre todos os presentes.

David Faro
O deporte como transformador do mundo
Máis aló dun xogo
O argumento lévanos ao cárcere de Illa Robben
Trailer
Un anaco da película

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará