Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local triúnfa en primeira nacional

RR_Noticias

O Canario Cathering acada unha ampla vitoria ante o Gaeva Bueu e a Sar non defrauda aos seus afeccionados gañando pola mínima no encontro disputado na bomboneira ante o Calvo Xiria

Non houbo sorpresas no partido disputado en Bueu polo Canario Cathering. Os de Chapela demostraron unha vez máis a súa superioridade nunha categoría da que son líderes indiscutibles.
Os homes do Cathering cumpriron co guión e leváronse a vitoria na súa visita ao campo do Gaeva 2000. Dende o primeiro minutos do partido os de Fran Teixeira fixéronse donos do marcador que rematou co resultado de 19 tantos a 30 a favor dos de Chapela.
Na próxima xornada o partido estará máis igualado, o Canario xoga na casa onde recibe ao Cisne, cuarto clasificado
Tampouco fallou a Sar, aínda que con máis dificultades conseguiu unha vitoria pola mínima ante o Calvo Xiria. Encontro disputado o sábado na bomboneira, os de Redondela que tiñan o partido baixo control cederon protagonismo aos visitantes no segundo tempo o que lles levou a un sufrimento innecesario e que puido ter consecuencias graves. Tan só un tanto lles permitiu levarse os puntos dun partido que rematou co marcador de 34 a 33 a favor dos redondeláns.
A SAR desprázase a vindeira semana ao campo do OAR Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará