Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan a convocatoria da comisión de seguimento dos servizos privatizados

RR_Noticias

Os veciños de Chapela denuncian que este organismo non se convoca dende hai seis anos. Reclaman que responsables municipais expliquen en asemblea aberta á cidadanía o funcionamento do futuro centro de deportes acuáticos.

Os veciños denuncian que a Comisión de Seguimento dos servizos privatizados leve seis anos sen se convocar a pesar de ser o único xeito por parte da cidadanía de fiscalizar e coñecer o funcionamento de servizos municipais que son xestionados por empresas privadas. Servizos tales como o da auga e a recollida do lixo, en mans das empresas Aqualia e Urbaser respectivamente, cuxo bo funcionamento poñen en entredito. Lembran que a pesar das súas demandas, realizadas de xeito reiterado para que se convoque a Comisión sempre reciben excusas por parte dos responsables municipais. Instalacións deportivas Por outra banda, os veciños de Chapela mostran tamén dúbidas sobre o futuro centro de deportes da parroquia que debería entrar en funcionamento a principios do vindeiro ano logo de que no último pleno se aprobase o financiamento da súa primeira fase con cargo aos 3’2 millóns de euros que aporta o Plan E a Redondela. Demandan información sobre o prezo que vai ter o uso das instalacións motivo polo que solicitarán ao concelleiro de urbanismo e presidente do Consello parroquia de Chapela que dea unha explicación en asemblea veciñal aberta. Queren saber tamén en que termos se vai realizar a concesión dese espacio que supón tamén privatizar o servizo.

Guillermo Fontán AVV Chapela
Seis anos sen convocar a Comisión de seguemento dos servizos privatizados
Xestión da piscina
Solicitan máis información sobre o futuro centro de deportes acuáticos da parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará