Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno aproba o financiamento da piscina de Chapela en medio dunha monumental rifa

RR_Noticias

Inmediatamente despois de aprobarse o punto no que se sometía a votación o financiamento deste proxecto con cargo a totalidade dos fondos do plan E, Xaime Rei levantou o pleno. O punto aprobouse co apoio unánime de todos os grupos

O debate sobre o financiamento do centro de deportes acuáticos de Chapela comezou con críticas por parte dos populares quen acusaron ao PSOE de “fraude electoral” por “prometer un ambicioso centro con spa, cafetería e piscina e aprobar agora tan só unha primeira fase” que non inclúe a totalidade das instalacións. A voceira do PP, Francisca Canal solicitaba aos socialistas que concretaran cando estaba previsto realizar a segunda fase e insistía en que se está a falar dun proxecto virtual “como o auditorio de A Marisma ou o centro de día”. Criticaba ademais que a totalidade dos investimentos do Plan E deste ano para Redondela se investisen nunha única obra cando na propia parroquia de Chapela hai outras carencias como o arranxo de camiños ou unha gardería. Dende o PSOE o edil Emilio González Iglesias botáballe en cara a Canal que o seu grupo se tivera abstido cando se adxudicou o proxecto e garantía que a segunda fase será unha realidade. Retaba aos populares a solicitar ao “goberno do PP na Xunta” que financie o custe da segunda fase do proxecto xa que “os 3’2 millóns do Plan Zapatero só permiten acometer polo de agora a primeira fase posto que a actuación no seu conxunto ascende a 5’6 millóns”. A continuación producíase unha acalorada discusión en González Iglesias e Canal. Xaime Rei, logo de tres advertencias á edil popular ordenou a súa expulsión da sala, orden que a concelleira negouse a acatar. Logo do altercado, no que Canal acusou ao rexedor local de “dictador”, “maleducado” e “machista”, o alcalde sometía o punto a votación e de xeito inmediato levantaba a sesión. A representante do PP considera que non se están a respectar os dereitos democráticos da oposición e critica que o alcalde actúe como si o Concello fora a súa casa “impedindo as intervencións da que é a lista máis votada”, mentres dende a alcaldía acúsase aos populares de carecer de argumentos e “empregar a estratexia de facer follón nos plenos” para provocar situacións como a vivida onte. Un pleno que remataba de xeito precipitado e no que ademais de aprobarse o financiamento do centro de deportes acuáticos de Chapela tamén se deu luz verde á contratación dun policía local de medio ambiente.

Paqui Canal PP
A edil popular cualifica de fraude electoral o proxecto do centro deportivo de Chapela
Emilio González PSOE
Os soialsitas animan ao PP a reclamarlle a Xunta o financiamento da segunda fase do centro deportivo
Rifa
González Iglesias e Paqui Canal enfróntanse
PP valoración
os populares afirman que non sse están a respectar os dereitos democráticos da oposición
PSOE valoración
Xaime Rei acusa ao Pp de usar a estratexia de "facer follón"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará