Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra o Día da árbore cunha xornada de plantación no monte Outeiro Grande

RR_Noticias

Os veciños plantarán especies autóctonas como carballos ou castiñeiros que poderán ver medrar o resto do ano. Para participar tan só hai que acudir ás 10 da mañá ao pé do Monte con algunha ferramenta para o traballo
 

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso e a Asociación Cultural Santa Mª do Viso organizan para o vindeiro sábado 30 de xaneiro, as 10 da mañá, unha xornada de plantacións de árbores frondosas no monte comunal da parroquia.
O punto de encontro é o Cruceiro de Baltar, ao pé do Monte Outeiro Grande, e desde este punto organizaranse aos voluntarios para plantar diversas especies de frondosas autóctonas como carballos, castiñeiros, hérbedos ou pradairos.
Todos aqueles que o desexen poderán participar e só deberán acudir coa indumentaria axeitada e algún legón ou ferramenta para o traballo. Deste xeito queren fomentar a participación da veciñanza no coidado do noso monte, ademais, esta actividade é unha oportunidade para que os máis pequenos se acheguen coa súa familia e poidan valorar o monte e participar conxuntamente da plantación dunha árbore que o resto do ano poderán ver progresar.
Ao rematar, os participantes tomarán un aperitivo para repoñer forzas.
As árbores para este Día da Árbore son doadas pola Consellería de Medio Rural e a empresa de traballos forestais Silvareira, que tamén colabora na actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará