Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate o financiamento do futuro centro de deportes acuáticos de Chapela

RR_Noticias

Será mañá ás 20:30 horas na sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro no que se inclúen outras cuestión de trámite como a denominación de varios camiños do concello ou a creación dunha praza de Policía.

Os representantes políticos debaterán o financiamento da construcción do centro de deportes acuáticos de Chapela no pleno ordinario que se celebra mañá mércores ás 20:30 horas. A proposta do goberno local é investir nesta obra a totalidade do Plan E para este ano, cuxa contía ascende a 3’2 millóns de euros.
Unha proposta que xa contou coas críticas dos populares quen no seu día xa fixeron público o seu desacordo por entender que na mesma parroquia había necesidades máis urxentes que a construcción dunha piscina.
Na orde do día de mañá inclúense tamén outras cuestións de trámite como a denominación de varios camiños do concello, o recoñecemento extraxudicial de crédito ou a creación dunha praza de policía de medio Ambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará