O Concelleiro de Cultura Eduardo Reguera xunto con representantes dos concellos polos que discorre a ruta xacobea pola costa dende A Guarda a Redondela, presentarán mañá na feira de turismo de Madrid este trazado como alternativa a outros camiños máis coñecidos pero que contan coa desvantaxe de estar saturados.
O edil de cultural de Redondela xunto a alcaldes e concelleiros de Vigo, Baiona, Nigrán, Oia e A Guarda presentarán na mañá do venres en Fitur as excelencias do Camiño Portugués pola costa, un percorrido de 82 quilómetros de lonxitude dende A Guarda a Redondela que conta cun importante atractivo paisaxísticos ademais de cultural. Un trazado pola costa que ven ser unha variante do camiño luso tradicional e que enlaza na fronteira co sendeiro seguido polos peregrinos portugueses que se dirixían cara Santiago de Compostela a través dalgunha das vías que discorrían no eixo Lisboa-Coímbra-Oporto e entraban en Galicia cruzando o río Miño. As seguintes etapas son A Guarda-Oia, Oia-Baiona, Baiona-Nigrán, Nigrán-Vigo e Vigo-Redondela, localidade onde este sendeiro enlaza co tradicional Camiño Portugués ata Santiago. A presentación mañá en Fitur ven a ser o acto de divulgación máis mediático de cantos se veñen realizando nos últimos meses e que esperan conseguir que este trazo adquira relevancia neste ano Xacobeo.
Un cruce de camiños que se promociona en Fitur
Os camiñantes atopan aquí un traxecto alternativo menos coñecido pero igual de interesante