Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello estuda mercar terreos contiguos ao Convento de Vilavella para aparcamento

RR_Noticias

O Concelleiro de tráfico Eduardo Reguera cualifica de “absolutamente inviable” a proposta feita dende o PP de habilitar como zona de aparcamento provisional os terreos onde se prevé construír o auditorio de A marisma.  

O edil de tráfico Eduardo Reguera afirma que a proposta dos populares “carece de sentido” xa que o solar ao que fan referencia está baixo competencia da Dirección Xeral de Costas e que o mesmo non se pode empregar sen autorización de dito organismo nin se lle pode dar outro uso que non sexa a construcción do futuro auditorio, cuxas obras continúan á espera de que os terreos sexan postos a disposición do Concello por parte do ministerio de Medio Ambiente. Sobre a posibilidade de acondicionar a área contigua ao instituto de FP Pedro Floriani para que estaciones autobuses e usuarios do centro Reguera lembra que dita actuación está xa incluída no plan de rexeneración da zona de A marisma e que será unha realidade en breve. Vilavella O concelleiro insiste ademais en que a día de hoxe os problemas de aparcamento na vila se centran na zona de Vilavella motivo polo que en canto rematen as obras de humanización se habilitará como zona azul o aparcamento de Ernestina Otero baixo o viaduto. Unha medida que permitirá “unha maior rotación de vehículos nunha zona con numerosos comercios como xa sucede no Campo da Feira”. Adianta ademais o edil que dende o Concello estudan a posibilidade de comprar ou alugar algún térreno contiguo ao Convento de Vilavella para incrementar o número de prazas de aparcamento

Eduardo Reguera concelleiro
O delegado de tráfico desbota crear unha zona de aparcamento no solar do auditorio
Aparcar en Vilavella
Nesta zona o Condcello contempla a creación dun aparcadoiro nas inmediacións do Convento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará