Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela que atracou en catro ocasións unha gasolineira de Mos

RR_Noticias

A Garda Civil detivo ao atracador cando procedía a fuxir logo de asaltar a estación de servizo de Os Valos na noite de Reis.
 

O detido, que responde ás iniciais J.A.P.D.A. asaltara durante o Nadal ata en catro ocasións a estación de servizo de Os Valos, na estrada de Mos a Redondela. Para evitar ser identificado cubría o rostro cun saco de plástico.
Logo de tres atracos os días 23, 29 e 31 de decembro, volveuno intentar na noite de Reis. Eran as nove da noite cando o mozo entrou na gasolineira e esixiulle á empregada os cartos da recadación. A vítima entregoulle 165 euros que había na caixa.
Recollido o botín o atracador dispúñase a emprender a fuxida cando foi interceptado por unha patrulla da Garda Civil na propia estación de servizo, onde foi detido.
O mozo pasou a disposición do Xulgado de instrucción número 2 de o Porriño, cuxo titular deixouno en liberdade con cargos tras tomarlle declaración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará