Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous feridos leves nun accidente na N-550 á altura do Viso

RR_Noticias

O sinistro, segundo información de Protección Civil, produciuse de madrugada cando un camión colidía contra dous turismos. Na madrugada do sábado un sinistro na Avenida Mediño deixaba outros dous feridos leves logo de que un Seat Ibiza se encaixase contra tres coches que estaban estacionados na vía  

Pasadas as cinco da madrugada de hoxe producíase unha saída de vía na N-550 en dirección Pontevedra co balance de dous feridos de carácter leves. As causas da colisión, segundo información do Grumir de Redondela, foi un esvaecemento sufrido polo condutor do camión o que provocou que se saíra da vía e colidira lateralmente con dous vehículos. Axentes do Grumir interviron na excarceración do condutor do camión. Tamén o sábado tiveron que actuar nun aparatoso sinistro na Avenida Mendiño que se saldou con dous mozos feridos leves, o condutor un vigués de 21 anos e o copiloto do vehículo o redondelán José Antonio D.D. de 18 anos de idade. A colisión produciuse en torno ás tres e cuarto da madrugada nas inmediacións da discoteca La Fábrica, cando o Seat ibiza saíase da vía e impactaba contra tres vehículos que estaban estacionados na beiravía. Ademais do causante do accidente, a peor parte levouna un Honda Civic que foi arrastrado un trinta metros e sobre o que se derrubou un poste do alumeado eléctrico. Temporal O Grumir tivo que intervir ademais na retirada dunha pólas que por mor dos fortes refachos de vento desprendéronse dunhas árbores caendo na estrada N-555 entre Redondela e o Aeroporto.

Ivan Comesaña Grumir
O accidente debeuse a un esvaecemento do condutor do camión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará