Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fotógrafo Pelu Vidal mostra a vida dos nenos saharauís en Tinduf

RR_Noticias

Dous nenos saharauís son os protagonistas das imaxes que o fotógrafo mostra a partires de hoxe e ata o vindeiro 18 de xaneiro na Casa da torre dentro dun proxecto promovido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO)

Unha recompilación das imaxes tomadas polo fotógrafo redondelán ao longo de dous meses de convivencia con algúns dos nenos que forman parte do programa Vacacións en Paz retratan os contrastes cos que se enfrontan os caativos que anualmente participan deste programa. Primeiro acompañando a dous rapaces e ás súas familias de acollida aquí en Galicia e logo xa nos propios campos de refuxiados no deserto do Sahara, Vidal vai retratando as dúas realidades a través de 24 imaxes que recompilan detalles da convivencia entre dúas culturas. Esta exposición é froito da colaboración entre a asociación Solidariedade co Pobo saharauí e a Asociación galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) unha organización sen ánimo de lucro formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade. Un xeito de denunciar a situación na que viven os saharauís nos campos de Tinduf ante a imposibilidade de regresar ao seu territorio no Sahara Occidental ocupado polos marroquies.

Pelu Vidal
Durante dous meses o fotógrafo acompañou a dous rapazas en Galicia e no Sahara
Conflito no Sahara
Unha mostra que serve para denunciar a situación dos saharauis en Tinduf

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará