Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina municipal permanecerá catro días pechada pola folga dos traballadores

RR_Noticias

Os traballadores de piscinas, instalacións e clubs deportivos están chamados á folga do día 19 ao 22 para demandar un convenio colectivo que inclúa melloras salariais que lles permitan chegar aos 1000 euros mensuais no 2011  

Os traballadores da piscina de Redondela están chamado á folga os vindeiros días 19, 20, 21 e 22 de decembro para reivindicar un convenio colectivo. Este é o segundo paro que se produce nas piscinas, instalacións e clubs deportivos logo de que a finais de novembro os sindicatos CIG, Comisión e UXT iniciaran un calendario de mobilizacións para esixir un convenio para todo o sector que inclúe modificacións nas condición temporais, na xornada laboral e nos salarios. Este sería o punto fundamental, xa que na actualidade os traballadores do sector a penas superan o salario mínimo pese a traballar fins de semana e festivo e márcanse como demanda principal acadar salarios de 1000 euros mensuais no ano 2011 segundo explicaba o representante dos traballadores da piscina municipal Pablo Muíños. Os traballadores entenden que dende o concello deberían facer presión para que as empresas que xestionan estas instalacións deportivas melloren as condicións dos operarios “tendo en conta que se trata dun servizo municipal adxudicado”. No caso de Redondela os traballadores ademais do paro realizarán unha protesta pacífica diante do Concello As medidas de presión continuarán no futuro no caso de non acadarse o convenio para o sector habería un terceiro paro do 16 ao 21 de xaneiro.

Pablo Muiños
o representantes dos traballadores fala dos motivos que os levan a parar catro días
Concentración pacífica
Os traballadores da piscina concentraranse na praza do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará