Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A empresa Antalsis será a encargada da construcción do paseo peonil da Portela

RR_Noticias

O proxecto adxudicouse esta semana por valor de 752.000 euros e deberá estar rematado antes de nove meses. O paseo terá unha lonxitude de un kilómetro, e consistirá nun paseo de madeira tratada de 2’50 metros de anchura.  

A empresa coruñesa Antalsis será a encargada do proxecto de construcción do paseo peonil da Portela, unha pasarela de madeira de aproximadamente un kilómetro de lonxitude que comunicará a zona da depuradora na Marisma con Punta Socorro na Portela. O concurso, ao que se presentaran un total de 17 empresas, resolveuse definitivamente esta semana coa concesión do proxecto a Antalsis por valor de 752.190 euros. O alcalde de Redondela, Xaime rei, entende que esta é unha das actuacións máis importantes das enmarcadas dentro do Proxecto Marisma, xa que permitirá aos veciños pasear por unha pasarela de madeira perfectamente integrada no espacio dende a depuradora de A Marisma ata Punta Socorro na Portela. Este paseo, de un quilómetro de lonxitude, terá a súa continuación con outro de menor tamaño que rodeará a depuradora e a ocultará tras unha pantalla vexetal que tamén está previsto se adxudique antes de que remate o ano cun custe de 250.000 euros. O proxecto Marisma inclúe diversas actuación encamiñadas a preservar a recuperar a desembocadura dos ríos Alvedosa, Pexegueiro e Maceiras así como a zona da Marisma coa rehabilitación das dotacións existentes

Xaime Rei
O alcalde entende que esta o paseo peonil é a obra estrela do proxecto Marisma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará