Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Péchanse ao tráfico as rúas Ernestina Otero, Pai Crespo e José Regojo

RR_Noticias

O asfaltado dalgunhas das rúas do centro urbano de Redondela vai provocar que na xornada do mércores permaneza pechada ao tráfico a rúa Ernestina Otero dende o concello en dirección Vilavella. O xoves non se poderá circular por Pai Crespo e José Regojo
 

Diferentes rúas do centro de Redondela pecharanse ao tráfico con motivo dos traballos de asfaltado das zonas onde xa remataron as obras de ampliación das beirarrúas.
A rúa Ernestina Otero, dende o Concello en dirección a Vilavella, permanecerá cortada durante a xornada do mércores, mentres  se levan a cabo os traballos. Dende a Policía Local informan que se habilitará a Subida á Estación como vía de saída -actualmente é un viario de baixada- e solicitan a colaboración dos conductores para que utilicen as vías alternativas e evitar deste xeito os atascos nesta zona.
Na xornada do xoves pecharanse ao tráfico as rúas Pai Crespo e José Regojo polo que se prohibe a circulación de vehículos pesados.
A Policía Local habilitará vías alternativas de entrada á vila, coma Prego de Montaos e Paseo da Xunqueira, pero se solicita, que na medida do posible, se evite circular por estas rúas e se utilicen os accesos por outros viarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará