Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os cascallos das obras do AVE do Val do Maceiras acaban no peirao do Areal en Vigo

RR_Noticias

Así o denuncian dende a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón quen alertan de que dende a pasada semana centos de camións de gran tonelaxe cargados con cascallos procedentes dos traballos das tuneladoras do Ave en Trasmañó, están a verter a súa carga directamente ao mar na zona portuaria do Areal en Vigo. Unha actuación que califican de “atentado contra a enseada”

Dende a Plataforma denuncian que as chamadas obras de ampliación do porto do Areal esconden en realidade “a transformación da ría de Vigo nun vertedeiro das obras do tren de alta velocidade” e lembran que verter cascallos no mar non só vulnera o planeamento de ampliación portuaria senón tamén a actual lexislación medioambiental”.
A obras que se está a realizar nesta zona da ría persegue a ampliación do peirao do Areal en Vigo e, aínda que unha parte desa ampliación realizarase mediante un sistema de pilotes, máis da metade da actuación responde a un recheo que supera os 25.000 metros cadrados.
A empresa encargada das obras está xa a depositar eses cascallos para formar un dique e verterá dentro o material que drague. Unha actuación que a presidenta da autoridade portuaria Corina Porro defende por ser o método constructivo máis eficaz e por ser “totalmente respectuosa co medio ambiente”. Unha opinión que non comparten diferentes colectivos como a Plataforma pola Defensa da ría ou a plataforma en defensa da enseada quen denuncian que se trata “dun recheos máis”
Ademais lembran que o tipo de residuos que se están a verter na ría está clasificado como fino “o máis propicio para que as correntes mariñas o difundan sen límites por todo o leito mariño, afectado directamente aos cultivos, bancos de marisco, pesca e bateas”, o que supón un “atentado contra o espacio natural protexido formado pola Enseada de San Simón”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará