Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido grave un mozo de Reboreda nun accidente en Amoedo

RR_Noticias

Unha colisión entre un Clio e un BMW na tarde de onte saldábase co balance de dous feridos, un deles de carácter grave. Tamén onte o Grumir tiña que intervir en dous accidentes laborais, nas fábricas de Frioya en Chapela e Peguform en Cedeira.

Novo accidente nas estradas da comarca que nos deixaban onte dous feridos, un deles de carácter grave logo de colisionar dous vehículos na estrada que comunica Redondela con Pazos de Borbén.
Os feitos producíanse as 19:20 horas cando por causas que se descoñecen colisionaron frontolateralmente un Renault Clio, ocupados por dúas persoas e un BMW á altura de Amoedo.
A consecuencia do impacto entre ambos os dous vehículos un dos ocupantes do Clío quedou atrapado no interior do vehículo e tivo que ser excarcerado polos Bombeiros. O ferido foi trasladado en estado grave ao Hospital Xeral. O outro dos ocupantes puido abandonar o vehículo polo seu propio pe e foi trasladado a Clínica Fátima.
O terceiro dos implicados na colisión, o condutor do BMW resultou ileso.
Ademais dos bombeiros de Vigo, colaboraron na asistencia aos feridos membros do Grumir de Redondela quen axudaron tamén a retirar os coches e limpar os restos de aceite da calzada.
Accidentes laborais
Tamén onte producíanse dous accidentes laborais, o primeiro tiña lugar ás 16:45 horas na fábrica de frigoríficos Frioya en Chapela onde un operario, un home de 42 anos veciño de Vigo, resultaba ferido leve logo de abrirse unha fenda na cabeza.
Pouco despois das cinco producíase un segundo accidente laboral na fábrica de Peguform en  Cedeira. Neste caso o traballador resultaba ferido leve tras cravarse unha grampa de grandes dimensións nunha perna

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará