Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para participar no concurso Reblogdela

RR_Noticias

A tan só unhas horas de que remate o prazo de presentación de traballos para participar no concurso de blogs que convoca a Asociación de Empresarios en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística son xa 40 os traballos presentados.

Un concurso orientado a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos cuxos blogs deben ter como temática os recursos locais relativos a produtos gastronómicos, restaurantes, receitas xenuínas ou festas populares. O obxectivo e promover o uso do galego e facilitar unha mellor difusión e valorización da gastronomía local a través do uso das novas tecnoloxías O prazo de presentación remata mañá día 10 de decembro. O primeiro clasificado terá como premio un ordenador portátil mentres que o segundo e terceiro serán agasallados cun MP4. Todos os participantes asistentes á clausura que se celebrará o xoves 17 de decembro recibirán un pen drive

Julia Alonso
A Asociación de empresarios quere promover a gastronomía local con este tipo de iniciativas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará