Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O sábado os xogos populares galegos e cataláns encherán o Paseo da Xunqueira

RR_Noticias

Recuperar os xogos tradicionais de ambas comunidades así como fomentar o xogo interxeracional, colectivo e ao aire libre son algúns dos xogos que se organizarán o sábado dentro do programa da Foliada.

A billarda, o lanzamento de sacho e trompo serán algúns dos xogos dos que poderán gozar os que se acheguen a partir das 17 horas ao paseo da Xunqueira na xornada do sábado. Con esta actividade os membros da Foliada queren recuperar xogos populares que quedaron esquecidos, como o caso do lanzamento de sacho. Un xogo que se practica hai anos en Galicia e que tiña como gañador aquel que o lanzaba máis lonxe. Ademais de fomentar a relación entre cativos e maiores así como a interacción social e o xogo ao aire libre. Desde a organización fan un chamamento a grandes e pequenos para que participen na actividade xa que se trata de que os nenos aprendan e se relación con xente doutras idades. Tamén se celebrará o Campionato Nacional de Billarda, que achegará ata a nosa vila a preto de 100 persoas que practican este xogo a cotío. As actividades son de balde e tan só hai que achegarse ao Paseo da Xunqueira a partir das 17.00 da tarde. A esta mesma hora pero no Campo da Feira tamén teremos unha cita cos xogos aínda que neste caso reivindicativos, co xogo da Coca. Unha versión do xogo da Oca, creado pola Plataforma contra a Autovía, coa que os participantes poderán coñecer algunhas das obras, que segundo esta organización, están a danar o noso territorio e o noso medio ambiente. Esta será a segunda vez que teremos a oportunidade de xogar á Coca en Redondela, xa que o pasado mes de xullo a Plataforma presentábanos esta iniciativa, que esperan teña o mesmo éxito que nesa primeira experiencia.

Lucía compoñente da Foliada
Co obxectivo de fomentar os xogos tradicionais e o lecer interxeracional e ao aire libre a Foliada inclúe no seu programa xogos tradicionais galegos e cataláns.
Bea Fervenza xogo da Coca
Un xogo similar ao da Oca no que a Plataforma contra a Autovía proponnos xogar mentres coñecemos os perigos e amezas que está a sufrir a nosa contorna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará