www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 31 de Marzo de 2020


Institucional • 1/10/2010

O goberno central presentou as partidas para o próximo ano. Na nosa comarca contémplanse fondos para completar o túnel entre o Val do Maceiras e Vigo e a nova estación do AVE. Tamén se recolle unha partida para a ampliación de Peinador. Pero as autovías A-57 (Pontevedra-Confurco) e A-59 (Vilaboa-Peinador) quedan sen data.


Deporte • 1/10/2010

Os xogadores de Domingo Da Cunha comezaron a liga co lastre das baixas, o que obriga ó equipo a un maior esforzo fisico. Con todo, o adestrador confía na calidade do equipo e aspira a acadar un resultado positivo diante do Zamora despois de sumar un empate e unha derrota nas dúas primeiras xornadas.


Sociedade • 30/09/2010

Con quince anos de historia Negros celebra unha das festas gastronómicas que xa son tradicionais na comarca. Uns 2.500 quilos de froita das maceiras da parroquia servirán para que os visitantes degusten sidra e augardente artesanal, e tamén pratos de bacallau, empanada e carne elaborados con mazán. A cita é o domingo a partires das 11.30 horas.


Institucional • 30/09/2010

Na sesión plenaria celebrada na noite do martes a corporación aprobou outras cuestións de trámite, como o nomeamento do alcalde, Xaime Rei, como representante do Concello na Autoridade Portuaria, tamén o soterramento da liña de media tensión nas inmediacións do río Pexegueiro. No apartado de mocións a proposta do BNG para que o Concello se sumase á convocatoria de folga foi rexeitada cos votos en contra de populares e socialistas, e a abstención do Partido Galeguista.


Institucional • 30/09/2010

A área recreativa está composta por oito aparellos de exercizo destinados a mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación das persoas de mediana idade.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1865] [1866] [1867] [1868] [1869]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mar 2020 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Próximos Eventos...
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Domingo, 12 de Abril de 2020 - 12:00
Doazón de sangue
Desde o luns 23 todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao ttf gratuíto 900 100 828, xa que se comezara a doar sangue mediante o sistema de CITA PREVIA para facilitar o acceso dos doantes e respectar as medidas de confinamento.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz