www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019


Sociedade • 25/01/2011

Unha mobilización en contra das "políticas anticrise" adoptadas polos gobernos ou en proceso de negociacións tales como a reforma laboral e a pretensión de reformar o sistema público de pensións co atraso na idade de xubilación entre outros puntos. A manifestación convocada pola CIG partirá ás doce do mediodía dende a Dobrada.


Institucional • 25/01/2011

Na sesión ordinaria de mañá ademais da comparecencias do edil delegado de tráfico e protección civil, debaterase o pago de 7.716 euros aos traballadores do Concello en concepto de horas extras desenvolvidas en decembro e a aprobación definitiva do regulamento municipal dos taxis.


Institucional • 25/01/2011

Os nacionalistas solicitan o apoio do resto dos grupos para reclamar do Goberno estatal que retire a actual proposta sobre a reforma das pensións. A través dunha segunda moción propoñen solicitar ao executivo de Zapatero que ningún ben de primeira necesidade, como a luz, o gas e a auga, incremente o seu prezo por riba do IPC.


Deporte • 25/01/2011

Os pupilos de Manoliño levan varias semanas colleitando resultados negativos na liga de Autonómica Sur. No último encontro disputado en Redondela, diante do Bembrive, repetiuse o mesmo guión. A pesares do xogo do equipo, con ocasións e unha boa formulación, os goles non chegan pola falta de definición.


Sociedade • 24/01/2011

Cinco parroquias e varias comunidades de montes Veciñais en Man Común - Vilar, Saxamonde, Quintela, Reboreda, Ventosela e O Viso - alertan dos prexuizos medioambientais e paisaxísticos que o trazado da A-59 vai provocar en todas as zonas afectadas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1641] [1642] [1643] [1644] [1645]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia