www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019


Institucional • 9/11/2010

O grupo popular presentará no pleno de hoxe do Parlamento Galego unha proposición non de lei solicitando cambios nos proxectos que o ministerio de Fomento ten para Redondela en materia de infraestruturas. Reclaman que se priorice a construcción da A-57 fronte a ampliación de Rande


Cultura • 9/11/2010

O grupo fonte da tella será o encargado de abrir o festival o vindeiro sábado día 13, en semanas consecutivas pasarán polo escenario os vigueses Atrezo Teatro e os ferroláns As Libitum. Todas as actuacións serán ás 20:00 horas a un prezo simbólico de un euro.


Deporte • 9/11/2010

Nos últimos catro partidos de liga o Choco xogou durante unha hora con só 9 ou 10 xogadores. O adestrador, Julio Álvarez, entende a dificultade dos colexiados á hora de arbitrar, pero lamenta que os erros sempre prexudiquen ó equipo redondelán en decisións que son, cando menos, "controvertidas".


Sociedade • 8/11/2010

Florentino e Plácido Míguez traballan nun prototipo de furgoneta, orientada ao mercado profesional que permitiría un importante aforro en combustible. O obxectivo e vender 250 unidades ata o 2015.


Deporte • 8/11/2010

No partido disputado en Santa Mariña non todo foron boas noticias, porque a pesares de impoñerse ó Ribadumia, o Choco rematou o encontro cun home menos por expulsión. No resto de categorías non foi unha boa xornada para os equipos locais, que só sumaron algunha vitoria na Terceira Autonómica.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1638] [1639] [1640] [1641] [1642]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 17:00
Obradoiro de cociña mexicana
Xuventude organiza clases de cociña mexicana orientadas a mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Impartiranse o día 27 no local Tía Estébana na rúa Reveriano Soutullo e compre inscrición previa a través dun formulario na páxina web do concello.
Hoxe na Radio