www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018


Cultura • 4/10/2018

O nome da poeta e tradutora Xela Arias foi a elección do xurado logo de avaliar as 16 propostas presentadas tanto por particulares como por colectivos. Neste caso a proposta chegaba dende a Biblioteca do Instituto da parroquia para homenaxear a unha muller que fora profesora nese centro e cuxo prematuro falecemento, con tan só 41 anos, non impediu que deixara publicados un total de catro poemarios sendo os máis coñecidos Tigres coma cabalos e Darío a diario.


Cultura • 4/10/2018

O programa de Outonoteatro que organiza a Concellería de Cultura inclúe tamén nesta edición un espectáculo de danza a cargo da compañía de Fran Sieira. Entresoños é unha obra de baile e música tradicional galega dirixida por Sieira e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño, con música orixinal de Anxo Pintos.A obra poderá verse este sábado 6 de outubro ás 20.00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 7 euros entrada xeral, 5 euros entrada reducida para estudantes, xubilados e desempregados.


Cultura • 4/10/2018

O Obradoiro internacional de Tradución Poética "Con Barqueira e Remador" que estes dáis está a celebrar a súa VII edición na illa de San Simón, achega a Redondela unha actividade aberta a todo público, un recital multilingüe que contará coa participación de seis poetas internacionais acompañados da coordinadora do obradoiro Yolanda Castaño o vindeiro venres ás 20:00 horas na Praza de Figueroa.


Política • 4/10/2018

O ministro de Fomento, que visitou onte Galicia, explicou que se dirixiu "en dúas ocasións" á concesionaria da autoestrada, Audasa, e que están á espera de que a empresa conteste. Sobre o traspaso da AP-9 a Galicia, adiantou que "está en estudo" e que a próxima semana convocarase á comisión de seguimento.

 


Sociedade • 3/10/2018

O departamento de medio ambiente do Concello ten en marcha dúas novas iniciativas de cara os vindeiros días. Así, este sábado día 6 organizan unha xornada de limpeza na zona da Enseada da Portela co gallo de concienciar sobre os elementos de alto nivel contaminante que acaban no mar como cabichas ou plásticos. Para promover a reciclaxe dos residuos domésticos organizan tamén un novo reparto de composteiros. Ámbalas dúas accións precisan de inscrición previa no 986 400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.gal.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [4] [5] [6] [7] [8]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Outubro de 2018 - 20:30
Charla sobre Jella Lepman
Unha ponte de libros infantís é o título da charla que ofrecerá a xornalista e editora Teresa Zataraín o venres 26 de outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura enmarcada nas actividades do 50 aniversarios das bibliotecas.
Domingo, 28 de Outubro de 2018 - 19:00
Certame de Corais de Cedeira
O Centro Cultural de Cedeira continúa o seu XIX Certame de corais. Actuarán a Coral Polifónica de Caldas de Reis, o Grupo de Acordeóns do Centro Cultural de Chapela e a Coral Polifónica A Raíña do este Centro Cultural de Cedeira.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz