www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Agosto de 2020


Sociedade • 10/08/2020

Este verán hai polémica en Redondela pola acumulación de algas secas nas praias. A concellería de Medio Ambiente decidiu reducir a súa retirada para evitar a perda de area. Pero aos veciños e usuarios non lles convence esta expliación, e denuncian a "mala imaxe" dos areais e os cheiros que ocasionan as algas. Asociacións como Ecoloxistas en Acción aplauden a medida, mentres os grupos políticos da oposición esixen máis limpeza nas praias.


Sociedade • 10/08/2020

O Concello de Soutomaior acaba de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o seu Campamento Urbano, que se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro. A actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 3 até os 12 anos de idade e ten carácter gratuíto. Realizarase no Multiusos de Arcade, e o prazo para anotarse finaliza o 24 de agosto.


Deporte • 10/08/2020

Suspendidas as regatas de Perillo e Mera polas restricións da Xunta na comarca coruñesa polo coronavirus. Por mor dos gromos na área sanitaria a norma prohibe participar a máis de dez remeiros nunha traiñeira de forma simultánea. O C.R. Cesantes, da LGT-B, e o C.R. Chapela, da mesma liga e tamén con barco feminino, quedaron sen regatas esta fin de semana.


Sociedade • 10/08/2020

As instalacións volverán a recuperar a súa utilidade para a cidadanía como Centro Comunitario, segundo anunciou o goberno local. A intención do executivo que preside Digna Rivas é converter estas instalacións nun centro onde asociacións e colectivos poidan desenvolver todo tipo de actividades, con prioridade para as entidades da parroquia.


Sucesos • 7/08/2020

O departamento de Medio Ambiente e a Policía Local incautaron marisco, requisaron aparellos e identificaron a seis persoas por marisqueo ilegal na praia de Arealonga, en Chapela. O Concello advirte que esta actividade "supón un risco para a saúde pública, ademais de prexudicar a actividade económica das traballadoras do mar".




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 21:00
Espectáculo fusión
O grupo folclórico o Carballo das Cen Pólas actúa na Alameda Rosalía de Castro nun espectáculo no que se poderá escoitar a voz da cantante Sheyla Patricia. O domingo 23 ás 21:00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia