www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019


Cultura • 24/06/2019

A través dos seus cadros, que ata o vindeiro 30 de xuño se poden ver no Multiúsos da Xunqueira, coñecemos unha Redondela antiga xa desaparecida. Veiga colle con destreza o pincel para trasladar ao lenzo imaxes plasmadas por outros artistas no pasado, como a acuarela de Pier María Baldi de 1669, ou de postais datadas en diferentes épocas. Imaxes nas que nalgún caso rememora un pasado moi presente como o cadro no que recoñecemos a antiga fábrica  de Regojo.


Sociedade • 24/06/2019

A asociación organiza esta actividade que se vai desenvolver os martes e xoves nos meses de xullo e agosto. Unha ludovermella que está orientada a nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade en horario de 10:30 a 13:00 horas. As inscricións, de balde, deben realizarse na oficina da Cruz Vermella nos baixos da Casa da Cultura.


Deporte • 24/06/2019

Un ano máis, coa chegada das vacacións, o Club de Remo de Chapela pon en marcha a súa Escola de Verán. Unha iniciativa coa que pretenden achegar aos máis novos ao mundo do remo dun xeito lúdico. O curso comeza o 1 de xullo e prolóngase ata o 30 de agosto. Está dirixido a nenos e nenas de 7 anos en diante.


Sociedade • 24/06/2019

A alcaldesa Digna Rivas, recibia o sábado na Alameda os participantes do reto «A Santiago pola Xordocegueira», unha actividade que permite realizar o Camiño de Santiago a persoas xordocegas de toda Europa, acompañados polas súas familias, amizades e voluntarios e voluntarias. Unha actividade que conta co apoio da organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, XOGA, coa que o concello mantén unha intensa colaboración.


Deporte • 24/06/2019

A VIII Edición da travesía a nado Batalla de Rande-Trofeo Carlos Conde completouse con éxito coa vitoria do catalán Gerard Alemany cun crono de 05:51.45. Na categoría feminina a vencedora foi a biscaíña Andrea de la Hera cun tempo de 06:27.23. Gerard dominou a proba desde o inicio e cun ritmo sensacional quedou a 10 minutos de bater o record cunha ría de Vigo moi benigna durante toda a mañá pero que puxo a proba aos nadadores a medida que pasaba a tarde e que o vento cobraba protagonismo. Dos cen nadadores que tomaron a saída, 14 víronse obrigados a abandonar, doce deles con síntomas de hipotermia.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 20:30
Bicos sonoros de amizade
Concerto no Multiúsos da Orquestra de saxos e a Xingro’s Big band. Unha actividade de balde que se desenvolverá este mércores día 26 ás 20:30 horas baixo o título Bicos sonoros de amizade.
Xoves, 27 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Xuño de 2019 - 18:00
Actuación de Orella Pendella
A praza de Lenda acolle este venres día 28 ás 18:00 horas unha actividades do Servizo de Normalización Lingüística orientada a nenos e nenas de 0-6 anos. Orella Pendella a través da música e do baile ensina refráns, ditos e palabras en galego.
Sábado, 29 de Xuño de 2019 - 19:30
San Xoán en Rande
A Asociación Cultural e Deportiva de Rande adiou a súa festa de San Xoán para o vindeiro sábado 29. O acto arrancará ás 19:30 horas e incluirá a tradicional fogueira así como a posibilidade de degustar xurelos, pan e viño a prezos populares.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz