www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019


Cultura • 23/07/2019

O paseo marítimo de Chapela acolle este mércores 24 unha actuación enmarcada na programación cultural do Concello e que serve para conmemorar a celebración do día de Galicia. Un concerto de balde que arrancará ás 22:00 horas e que permitirá escoitar os temas desta formación tradicional cuxo periplo musical arrancara xa no 1990.


Institucional • 23/07/2019

Dende inicio de mes o Multiúsos de Chapela e máis o centro sociocomunitario de Redondela acollen un taller de defensa persoal que achega ás participantes as pautas básicas de cara a como reaccionar ante unha eventual agresión. Unha actividades dirixida prioritariamente a mulleres pero á que se sumaron tamén homes interesados en coñecer esta técnica. A actividade continuará no mes de agosto en Redondela e xa de cara a outubro podería converterse nunha proposta permanente tamén durante todo o ano.


Cultura • 23/07/2019

A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o luns 29 ás 11:30 horas un bebecontos a cargo de Trémola Teatro. Unha actividade que leva por nome "Qué animaliño é?" e que busca espertar o gusto pola palabra e polos libros entre os máis pequenos. Unha activiade debalde na que compre inscrición previa.


Sucesos • 23/07/2019

"Por María e por todas as que xa non poden berrar" o movemento feminista de Redondela fai un chamamento a saír hoxe a rúa e participar dunha concentración contra a violencia de xénero que se celebrará ás 21:00 horas ás portas do concello. Unha mobilización que se repetirá en diferentes punto de todo o país contra o feminicidio de Vilalba e á que se suma tamén a asociación Paxaretas.


Cultura • 23/07/2019

A illa de San Simón acollerá entre os días 25 e 28 de xullo unha nova edición deste festival caracterizado polo seu cartel secreto. Na presentación do evento a presidenta da deputación, Carmela Silva salientou o "compromiso do Sinsal cos novos valores do S.XXI: sustentabilidade, igualdade, diversidade e medio ambiente e avanzou que esta edición o cartel contará "cunha artista trans". O acto de presentación do Sinsal, celebrado onte no peirao de Cesantes, contou coa presenza da alcaldesa, Digna Rivas e o edil de Cultura, Daniel Boullosa así como o codirector do festival, Luis Campos.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2018 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Mércores, 24 de Xullo de 2019 - 22:00
Concerto de Treixadura
A música folk soará no paseo marítimo de Chapela cun concerto a cargo do grupo Treixadura o mércores 24 ás 22:00 horas. Actividade debalde organizada polo concello de Redondela.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10:00 a 14:30 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 22:00
Habelas Hainas
Catro mulleres comprometidas integran esta formación musical Habelas Hainas, que se poderá escoitar o venres 26 ás 22:00 horas na praza da Casada Torre. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do COncello.
Sábado, 27 de Xullo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela diante do Concello para recoller doazóns de sangue o sábado 27 en horario de 10:00 a 15:00 horas.
Luns, 29 de Xullo de 2019 - 11:30
Contacontos en Chapela
A Biblioteca de Chapela organiza o luns 29 ás 11:30 horas un contacontos orientados e cativos de 6 meses a 4 anos. A actividade correrá a cargo do grupo Trémola Teatro e leva por título "Que animaliño é?".
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz