www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 13 de Xullo de 2020


Política • 13/07/2020

O xa coñecido como efecto Pontón ten tamén a súa repercusión en Redondela, localidade na que o BNG supera con moito os resultados obtidos hai catro anos, pasando de 1.273 votos a un total de 4.085. O PSOE mantense ou incluso acada algún apoio mais con 3.999 papeletas, 389 máis que no 2016. O PP volve ser a forza máis votada con 5.035 votos, malia perder o apoio de 552 votantes. Uns comicios marcados na nosa localidade pola alta abstención, xa que votaron tan só o 59,51% dos electores, seis puntos por baixo da participación das últimas eleccións galegas.


Política • 13/07/2020

Gran vitoria para os nacionalistas en Soutomaior quen con 1.541 votos colócase como o partido máis votado nesta localidade, por diante do PP que queda en segundo lugar co apoio de 1.381 electores. Os socialistas son terceiros con 406 votos mentres Podemos ten que conformarse con 108 papeletas. Non hai sorpresa en Pazos de Borbén, localidade na que o PP arrasa co 48% do votos, nin tampouco en Fornelos localidade na que o PSOE segue sendo líder indiscutible con practicamente o 44% do voto.


Sociedade • 11/07/2020

A Asociación de Veciños da parroquia demanda medidas de protección para unha especie atopada na ribeira do río Pugariño, unha poboación de 30 exemplares de Prunus Lusitanica, incluída no catálogo galego de especies ameazadas. Ademais de medidas de protección coa colocación de carteis que poñan en valor a relevancia da existencia desta árbores, reclaman a Medio Ambiente unha maior protección para a zona do Pugariño entre a Senda da Auga e a Estrada da Madroa e a súa catalogación como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).


Institucional • 11/07/2020

O goberno local asegura que estas labores estaban prevista para moito antes pero que "como aconteceu con todo, os prazos iniciais foron trastocados pola crise sanitaria da COVID-19 e o conseguinte estado de alarma" malia todo engaden "inícianse antes do que o fixeron en anos pasados". Aos catro lotes habituais que se contrataban para as labores de rozado engádese, por primeira vez, un quinto lote para posteriores traballos de mantemento o que permitirá "a limpeza do municipio ao longo do tempo".


Sucesos • 10/07/2020

Un dispositivo conxunto da Policía Local e Nacional detiña na madrugada de hoxe un vehículo nun control de rutina na subida ao aeroporto. O nerviosismo do condutor, un veciño do Porriño de 48 anos de idade, leváronos a requisar o interior do vehículo, descubrindo un gran número de sustancias estupefacientes ocultas nun oco así como 7 teléfonos móbiles, un ordenador portátil, dúas tablets e cartos en efectivo. O vehículo foi intervido e ao codutor se lle imputa un delito de tráfico de drogas.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Venres, 17 de Xullo de 2020 - 20:00
Peter Punk na Alameda
O pallaso Peter Punk presenta en Redondela o seu espectáculo Chungo ke te cagas nunha actuación que terá lugar o venres 17 de xullo na Alameda ás 20:00 horas. Actuación orientada ao público familiar con entrada de balde.
Sábado, 18 de Xullo de 2020 - 22:00
Airiños da Peneda
O grupo de música folk Airiños da Peneda actúa o sábado 18 ás 22:00 horas na Alemda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 19 de Xullo de 2020 - 21:30
Airiños do Mar de Teis
O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis actúa o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas. Entrada de balde.
Venres, 24 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto fusión
O grupo Pelepau e a banda de música de Chapela únense para ofrecer un concerto o venres 24 ás 22:00 horas no paseo marítimo de Chapela. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Sábado, 25 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto de Guadi Galego
A cantante e excompoñente de Berrogüeto achega a Redondela o seu espectáculo Immersión. O concerto será o Día de galicia ás 22:00 horas no campo da feira. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Domingo, 26 de Xullo de 2020 - 21:30
Carlos do Viso
O lutier e zanfonista Carlos do Viso ofrecerá un concerto na Alameda de Castelao o domingo 26 de xullo ás 21:30 horas. Organiza o Concello de Redondela.
Sábado, 1 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermú Cultural con Su Garrido
Arrancan os vermús culturais da Concellería de Cultura coa actuación de Su Garrido na praza Alejandro Otero. A actuación terá lugar o sábado 1 de agosto ás 12:30 horas.
Sábado, 1 de Agosto de 2020 - 21:00
Arume en Reboreda
Actuación do grupo de pandereteiras Arume. O sábado 1 de agosto ás 21:00 horas en Reboreda. Entrada de balde.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia