www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018


Deporte • 15/10/2018

Os de Redondela conseguiron deixar os tres puntos en Santa Mariña. Malia que o Polvorín se adiantou no marcador, os de Gonza Fernández seguen invictos como locais. Outra cousa son os resultados fóra, xa que os choqueiros perderon en todos os seu desprazamentos.


Institucional • 15/10/2018

A Piscina Municipal de Chapela conta con novas taquillas e tamén un equipo de "TRX"no ximnasio para 20 persoas. Desde o Concello seguen tamén pendentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a reaparación de todos os fallos de construción, unha vez feito o estudo das deficiencias do edicicio por parte dos técnicos.


Política • 15/10/2018

O grupo nacionalista entende que a reforma da alameda Castelao é unha obra de "exhibicinismo político". O edil Xoán Carlos González afirma que os traballos, con partidas de ata 200.000 euros, "non son prioritarios nin foron demandados por ninguén" mentres outras zonas do casco urbano carecen de inversións.


Política • 15/10/2018

O PSOE redondelán esixe "máis inversión por parte de Augas de Galicia" logo de que veciños da localidade lles trasladasen as súas queixas por mor da falta de limpeza nos ríos de Redondela. Afirman que "malia existir queixas xeralizadas" sobre a situación mantense a "deixadez" do goberno municipal de Javier Bas.


Sociedade • 11/10/2018

A dirección do IES Mendiño convoca ás familias do alumnado a unha xuntanza o próximo luns, día 15, ás 19.30 horas, para tratar o problema do transporte dos estudantes de Bacharelato. Dende que comezou o curso, os alumnos das parroquias de Cesantes e do Viso quedaron sen transporte escolar, un servizo que ata o de agora viñan empregando con normalidade.

 




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2018 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Outubro de 2018 - 20:30
Charla sobre Jella Lepman
Unha ponte de libros infantís é o título da charla que ofrecerá a xornalista e editora Teresa Zataraín o venres 26 de outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura enmarcada nas actividades do 50 aniversarios das bibliotecas.
Domingo, 28 de Outubro de 2018 - 19:00
Certame de Corais de Cedeira
O Centro Cultural de Cedeira continúa o seu XIX Certame de corais. Actuarán a Coral Polifónica de Caldas de Reis, o Grupo de Acordeóns do Centro Cultural de Chapela e a Coral Polifónica A Raíña do este Centro Cultural de Cedeira.
Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia