Hoxe é Venres 27 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha concelleira de Pazos de Borbén queda sen salario tras rexeitar PSOE e PP a súa dedicación parcial

victoria

PSOE e PP aprobaron unha emenda que eliminaba a retribución asociada á edil Victoria Couñago malia a que asumirá novas responsabilidade dentro do goberno municipal. O goberno de Luciano Otero denuncia “un novo episodio de bloqueo político protagonizado pola pinza entre PSOE e PP, que uniron os seus votos para impedir unha reorganización lóxica e necesaria do goberno municipal”.

O pleno do Concello de Pazos rexeitou a proposta do goberno local para reorganizar as áreas municipais e redistribuir funcións dentro do executivo. A iniciativa formulaba trasladar parte das competencia dun concelleiro á edil Victoria Couñago, quen asumiría tamén unha dedicación parcial xa existente co seu correspondente salario.

A medida, segundo o goberno municipal, non implicaba un incremento do gasto público “senón unha adaptación da estrutura organizativa ás necesidades actuais do concello”.

Con todo, os grupos da oposición, PSOE e PP, uniron os seus votos para aprobar unha emenda que elimina esta dedicación, o que impide que a concelleira perciba unha retribución polas funcións que asumirá.

O executivo local encabezado por Luciano Otero considera que a decisión pode afectar ao funcionamento do concello, ao dificultar a organización interna do goberno e acusa a Pp e PSOE de desenvolver unha estratexia política que prexudica directamente aos veciños e veciñas. Unha decisión que cualifican como “inxusta e incomprensible dende o interese público, ao tempo que evidencia unha clara estratexia de desgaste político. Non se trata de aforro nin de xestión responsable. Trátase de impedir que o goberno funcione con normalidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará