Hoxe é Luns 23 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mal tempo non desanima ao peregrino: 3.191 persoas pasaron por Redondela camiño a Santiago

peregrinos

Foto: Fon Decón

O mal tempo co que arrancou o mes de marzo non impediu que moitos peregrinos elixiran os dous camiños que pasan por Redondela, o coñecido como Camiño Portugués e o Camiño portugués pola Costa, como opción turística. Así o constatan os datos facilitados pola sede de turismo Rías Baixas quen apunta a que o 75% dos peregrinos son estranxeiros procedentes de Alemaña, Estados Unidos e Italia, e o 25% españoles, principalmente de Andalucía e Valencia.

Unhas cifras que irán en aumento nos vindeiros meses pero que xa constatan a elevada atracción que este Camiño segue a ter entre os turistas tanto nacionais como estranxeiros. De feito, este servizo da Deputación confirma que a provincia continúa a experimentar un crecemento no número de turistas estranxeiros, cun 4% máis que no 2025.

En todos os casos, a motivación maioritaria para asistir á provincia foi a súa oferta cultural e de ocio, así como as diferentes rutas cara Compostela que atravesan Pontevedra.

Neste mes de marzo percorreron algún dos Camiños de Santiago pola provincia 3.352 persoas peregrinas, o que supón un 5% máis que as que o fixeron en marzo do 2025. Delas, a maioría percorreu o Camiño Portugués (1.766), seguido do Camiño Portugués pola Costa (1.425) – ambos os dous cruzan Redondela- a Vía da Prata (85) e o Camiño de Inverno (50). O 75% dos peregrinos son estranxeiros, procedentes de Alemaña, Estados Unidos e Italia, mentres que o 25% restantes son españois, procedentes principalmente de Andalucía e Valencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará