Hoxe é Venres 20 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello alerta de “afundimentos” na Avenida de Vigo en Chapela que supoñen un perigo para vehículos e peóns

avenida vigo

Rivas demanda á Xunta o arranxo urxente desta estrada ao seu paso por Chapela. Lembra que o goberno galego vén de completar a humanización desta vía no tramo que pertence ao Concello de Vigo, desde o instituto de Teis ata o límite con Redondela. A alcaldesa confía agora en que a consellería “teña a mesma sensibilidade coa veciñanza de Chapela e acometa a humanización ata o Alto da Encarnación”. Advirte tamén que son necesarias obras de reparación na primeira fase, onde hai “afundimentos e ramplas moi deterioradas que supoñen un perigo para vehículos e peóns”.

O goberno local urxe á Xunta de Galicia que acometa a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, comprometidas pola administración autonómica desde 2019. Trátase dunha estrada de competencia autonómica que comunica Redondela e Vigo e que conta cun elevado tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns. A rexedora lembra que a Xunta acaba de completar as obras desta estrada autonómica no tramo que pertence ao Concello de Vigo, denominado Avenida de Galicia en Vigo, cuxas dúas fases supuxeron un investimento de 6,7 millóns de euros.

Rivas sinala que os veciños e veciñas de Chapela merecen tamén unhas infraestruturas “seguras e habitables onde os peóns gañen espazo”. A última humanización realizada pola Xunta en Vigo cubriu 1,5km entre o instituto de Teis e o límite con Redondela. Rivas confía agora en que a consellería de Planificación de Infraestruturas “teña a mesma sensibilidade coa veciñanza de Chapela”.

O goberno local demanda que a Xunta cumpra co seu compromiso e advirte que tamén son necesarias obras de reparación na primeira fase “onde hai zonas xa humanizadas que presentan afundimentos no firme e ramplas metálicas moi deterioradas que supoñen un perigo para vehículos e peóns, entre outras deficiencias como a falta de zonas verdes”.

 O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que no tramo entre o cruce da avenida Estación ata o Alto da Encarnación quedaron 800 metros sen humanizar, onde as barreiras arquitectónicas “impiden o tránsito de persoas con mobilidade reducida”, ademais doutros problemas como a iluminación deficiente e a falta de seguridade “pola elevada velocidade á que circula o tráfico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará