Foto dos participantes Cacheda e Lago do CPA Arealonga
Daniela Cacheda e Martín Lago, actuais campións de España alevíns en parellas artísticas, e Martina Álvarez, quinta estatal en solo danza, competirán esta semana en Stade.
O Club de Patinaxe Artística Arealonga de Chapela contará con tres representantes na Copa de Europa de patinaxe artística, que se celebra estes días na cidade alemá de Stade. Daniela Cacheda, de Cesantes, e Martín Lago, de Reboreda, competirán na modalidade de parellas artísticas na categoría alevín, mentres que Martina Álvarez, de Chapela, participará en solo danza na categoría cadete.
A proba, organizada no Sportcampus Stade, desenvólvese do 18 ao 24 de outubro, segundo o calendario oficial da competición.
Cacheda e Lago chegaron a Alemaña este sábado para preparar a súa participación. Tras os adestramentos oficiais previstos para o hoxe, luns 19, a parella sairá á pista o martes 20 arredor das 11.00 horas. Ambos os dous afrontan a cita continental avalados polo seu título de campións de España na categoría alevín de parellas artísticas, un resultado que confirma a súa progresión deportiva.
Pola súa banda, Martina Álvarez, patinadora de Chapela, viaxará o xoves 22 de outubro. A deportista, que ocupa a quinta posición no ranking estatal da súa categoría, realizará os adestramentos oficiais antes de competir o venres 23 en solo danza cadete.
Para o club de Chapela, a clasificación dos tres deportistas representa un recoñecemento ao traballo desenvolvido durante a tempada. Os resultados e as ordes de saída poden consultarse a través das canles oficiais de World Skate Europe, mentres que a organización alemá anunciou a retransmisión en directo dalgunhas probas a través de SportEurope.TV.











