Hoxe é Luns 19 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortes de tráfico hoxe luns no Paseo da Xunqueira e no Camiño Albarroz, en Saxamonde por diferentes obras

xunqueira

As obras de mellora e reparación do asfalto provocarán o peche ao tráfico rodado dun tramo do Paseo da Xunqueira desde as 14:00 horas e cortes puntuais no Camiño Albarroz en Saxamonde a partir das 9:30 horas. Estas obras súmanse á actuación de reparación do firme que ten pechado o tramo final da rúa Salgueiral dende a esquina coa subida á Estrada nacional ata  o inicio do Paseo Maceiras.

O Concello de Redondela anunciou cortes e restricións de tráfico para este luns 19 de outubro en dous puntos do municipio, debido á realización de obras de mellora e reparación do firme.

A principal afectación producirase no Paseo da Xunqueira, onde haberá restricións de aparcamento desde as 9:00 horas. Ademais, a partir das 14:00 horas, quedará pechado ao tráfico rodado o tramo situado desde o número 27, debido aos traballos de mellora previstos na zona.

Tamén haberá cortes puntuais de tráfico no Camiño Albarroz, en Saxamonde, a partir das 9:30 horas. Neste caso, as interrupcións estarán motivadas polas tarefas de reparación do asfalto. O Concello non concretou a duración dos cortes.

Ante estas incidencias, o goberno local pide ás persoas condutoras que extremen as precaucións, utilicen vías alternativas sempre que sexa posible e respecten a sinalización provisional instalada nas zonas afectadas.

Por outra banda continúan tamén os traballos de mellora do firme na zona do Salgueiral que arrancaron o pasado día 13 e que se prolongarán aló menos durante esta semana. Os residente non poderán acceder aos garaxes mentres duren as obras, polo que se habilitou o estacionamento alternativo para dar servizo aos residentes, que poden empregar a zona de aparcadoiro na leira situada xunto á rotonda Porriño-Aeroporto. 

O proxecto contempla a demolición integral do pavimento danado, a construción dunha nova base estrutural e a instalación dunha reixa central conectada á rede de augas pluviais. O obxectivo, segundo o goberno local, é evitar os empozamentos de auga que se producen actualmente. A intervención incluirá tamén unha nova soleira de formigón como acabado do firme, coa intención de mellorar a súa durabilidade e evitar a aparición de pezas soltas e busca garantir a accesibilidade e mobilidade de peóns e vehículos.

Foto: Fon Decón
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará