Os populares denuncian graves deficiencias no servizo municipal de rozas e acusa o goberno de Digna Rivas de non exercer o control necesario sobre unha prestación contratada por case un millón de euros para dous anos. Aseguran que os traballos están a realizarse sen a debida planificación e que a empresa contratada sobra restos vexetais nas canalizacións o que provoca a súa obstrucción, deposita a maleza en fincas privadas e incluso permite que haxa montóns nas pistas e zonas de descanso.
O popular Iván Crespo fala de “graves problemas e deficiencias no servizo municipal de rozas, externalizado e privatizado cunha empresa” e argumenta que estas deficiencias responden a “absoluta falta de control destas tarefas e nula planificación no seu desenvolvemento e execución por parte do goberno de Digna Rivas”.
Os populares explican que malia o elevado custo do servizo “contratado por case un millón de euros para un período de dous anos” este está a prestarse de “maneira neglixente” o que xera queixas constantes de todas as parroquias, aínda que nos últimos días recibíronse desde Quintela e Saxamonde.
Entre as queixas recollidas explican que a firma adxudicataria “sopra os restos sen xeito ata que rematan as canalizacións laterais de pistas e camiños provocando a súa obstrución e posterior estancamento de augas pluviais”. Ademais, parte da maleza cortada “é depositada de maneira totalmente irregular sobre fincas privadas ou permiten que se amontoe na propia plataforma das pistas o unas proximidades de zonas de descanso”.
O popular responsabiliza desta situación ao goberno de Rivas “estamos ante unha mostra máis do pasotismo e abandono das nosas parroquias e do rural de Redondela, porque a empresa fai o traballo a correr, invadindo fincas particulares e atascando servizos municipais como as canalizacións, e dá a sensación de que só lle preocupa levarse os cartos sen que exista o debido control por parte do goberno”.











Unha resposta
Isto é exemplo da transformación do rural e a nula xestión municipal. Esas beiras de fincas que desbroza o Concello de Redondela, subcontratando a unha empresa, debería ser desbrozado polos donos das fincas, pero na pescada que se morde a cola, hai un lío cos propietarios dos predios, que o Concello pasa de poñer en orde e axilizar a identificación e non manda avisos de desbroce. As familias xq non depende do traballo desas fincas para subsistir e carne no olvido, querendo os dereitos da posesión pero non as obrigas da mesma. Pasa o mesmo coas franxas secundarias contra o lume, que non lle dá a ter o Concello a punto en tempo e en igualdade de condicións para a distintas parroquias.