Hoxe é Venres 6 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas acusa aos nacionalistas de “intoxicar” coa escola infantil de Chapela

chapela

Os populares aseguran que o centro educativo aínda non está aberto porque o goberno socialista deixou escapar todas as oportunidades tras “perder seis anos, unha partida específica de 800.000 euros da Xunta e outras catro convocatorias de axudas autonómicas” e acusa aos nacionalistas de ser “cómplices dun executivo anti-Chapela por ter apoiado a investidura de Digna Rivas”.

Cruce de acusacións entre PP e BNG a conta da escola infantil de Chapela. Logo de que os nacionalistas acusaran ao PP de impedir que este servizo sexa unha realidade ao votar en contra no parlamento Galego dunha enmenda que buscaba dotar de orzamento a construción do centro, os populares contraatacan.

Afirman que “o BNG está a actuar de mala fe e intoxicando” no referente á escola infantil de Chapela, porque aseguran que se aínda non hai este servizo “é porque o Bloque apoiou hai tres anos a investidura de Digna Rivas que nin fixo nin vai facer esta gardería”. Afirman que de non ter facilitado a investidura de Digna Rivas “este centro educativo xa estaría aberto con cen nenos porque para o PP é unha absoluta prioridade”.

Javier Bas lembrou que a escola infantil de Chapela é unha cuestión municipal que debe contar coa axuda do Goberno galego, pero que o executivo de Digna Rivas deixou escapar todas as oportunidades tras perder os últimos seis anos e ata catro convocatorias de axudas da administración autonómica a través dos fondos europeos MRR para o centro de Chapela.

O tamén ex alcalde reiterou que o seu goberno “deixou todo listo en 2019, incluíndo unha partida específica de 800.000 euros da Xunta, a falta da tramitación urbanística correspondente para cambiar a calificación dos terreos, pero Digna Rivas desaproveitou esta achega, recollida dous anos seguidos nos orzamentos autonómicos, polo seu enorme retraso na modificación da categoría do solo”.

Critica tamén aos socialistas de non ter presentado “ningún proxecto ás catro convocatorias realizadas polo Goberno galego para financiar a construción de escolas infantís”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará