Hoxe é Mércores 4 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Territorio Regueifa” aterra en Redondela

manolo maseda

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 7 ás 20:00 horas o espectáculo Territorio Regueifa. A peza é unha coprodución do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego. Dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira na obra van da man o humor, a música e a improvisación. O prezo da entrada é de 3 euros.

A función quere levar a maxia da improvisación oral a novos públicos, consolidando a regueifa como un patrimonio vivo, capaz de unir humor, emoción e coñecemento nun espectáculo participativo e festivo.

Unha proposta pioneira que busca levar a regueifa ao teatro a través dunha historia na que se conta onde poderían estar a orixe desta música grazas a un guión elaborado por Prieto.

Manolo Maseda

Ademais de explicar de xeito lúdico e humorístico en que consiste esta tradición oral marcada pola improvisación pero tamén como estivo a piques de desaparecer ata o seu rexurdimento nos últimos anos, non faltará a interacción co público que asista a esta función.

Maseda pon en valor tamén o poder pedagóxico da regueifa “unha arte con maiúsculas”.

As entradas para o espectáculo “Territorio Regueifa” están dispoñibles no propio Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará