A normativa busca dar amparo xurídico a unhas achegas económicas que teñen como obxectivo principal axudar ás persoas que máis o precisan “con garantías, axilidade e eficacia”.
As axudas de emerxencia social son axudas puntuais para afrontar necesitades básicas urxentes. As persoas que o precisen poden solicitalas nos Servizos Sociais do concello de Soutomaior, no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) en horario de 9:00 a 14:00h.
Estas axudas cobren dende alugueres, facturas, alimentación… ata necesidades de saúde non cubertas e entraron en vigor a semana pasada.
“Con esta ordenanza as veciñas e veciños de Soutomaior que estean en situación de emerxencia poden acceder a estas axudas con garantía, discreción e amparo xurídico” explica o alcalde Manu Lourenzo que se marca como una prioridade do seu gobernó “estar ao lado de quen máis o necesita”.









