Foto de arquivo do BM Chapela
PASTORIZA CHOQUEIRAS – CIES OBRA CIVIL BALONMAN CHAPELA (17-31)
Balonmán Chapela impúxose con claridade na pista das Choqueiras no derbi dentro da Segunda Autonómica (17-31). As visitantes dominaron desde o comezo (5-11 no minuto 20, 8-14 ao descanso) e seguiron ampliando na segunda metade. Con esta vitoria, o Chapela sitúase terceiro na clasificación xeral, cun punto por riba da SAR Impernoroeste. As Pastoriza Choqueiras quedan sétimas.
CDEC LAVADORES VIGO B – SAR IMPERNOROESTE (28-31)
Na mesma categoría, SAR Impernoroeste sumou outra vitoria fóra de casa. Saíron moi concentradas e abriron unha gran vantaxe (4-12 no minuto 20), chegando ao descanso 10-17. Mantiveron o control na segunda metade (15-23), aínda que o Lavadores reaccionou nos minutos finais (23-25). As visitantes xestionaron ben o tramo decisivo e gañaron 28-31. Gran traballo colectivo. A próxima xornada visitan ao CP Lucense en Lugo.
A vindeira xornada: Chapela visita ao BM Arousa (oitavo), Impernoroeste ao CP Lucense (último) e Choqueiras reciben ao líder BM Abegondo.
SAR RODAVIGO – BALONMANO LEGANÉS (28-32)
SAR Rodavigo recibiu na BomboneIra ao segundo clasificado da División de Honra Prata. As visitantes comezaron mellor (1-5) e mantiveron a vantaxe ata o descanso (13-17). Tras a reanudación, as redondelás intentaron remontar con moito esforzo, pero o Leganés foi sólido e non permitiu achegarse. O partido rematou 28-32 para as madrileñas. A pesar da derrota, o equipo mostrou entrega. A próxima xornada viaxan a Valladolid.










