Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela adxudica 59.000 euros ao festival de Títeres que se celebrará do 11 ao 17 de maio

titeres redondela

Unanimidade á hora de aprobar a axuda que o Concello de Redondela achegará ao festival de títeres. Non houbo reparos á hora de conceder ao colectivo Xente Titiriteira, organizadores deste certame, unha cantidade que ascenderá a 59.000 euros e que servirá para financiar a realización do Festival que se celebrará entre o 11 e o 17 de Maio. O BNG insta a traballar na creación dun museo do títere.

A concelleira de Facenda Rita Pérez explicaba que este ano adiantouse a concesión da axuda municipal porque o certame desenvolverase nesta edición en datas anteriores ao que ven sendo habitual. Anunciaba que o resto das subvencións nominativas a colectivos e asociacións chegará a pleno no vindeiro mes.

Rita Pérez, PSOE

O edil de AER explicaba que ademais desta achega económica o Festival conta co apoio dos servizos municipais que durante a semana de celebración se encargan de garantir o bo desenvolvemento da porogramación.

Roberto VIllar, AER

Os populares instaban ao goberno local a ser tan dilixente co resto das subvención nominativas para garantir que todas as asociacións as reciban con tempo para poder financiar as súas actividades.

Iván Crespo, PP

Pola súa banda o BNG reclamou aos responsables municipais “máis ambición” en todo o que rodea a esta celebración e insistiron na idea da creación dun museo do títere e que se dea un paso adiante logo de 30 anos de historia dun festival que é xa un referente.

Xoán Carlos González, BNG

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará