Hoxe é Xoves 29 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha familia de Redondela pide axuda para conseguir un can de apoio para a súa filla con discapacidade

leira

A familia de Leire, unha rapaza de 8 anos de idade con TEA e atraso no desenvolvemento motoro e cognitivo, ten constituido unha asociación “Patitas de apoyo” co obxecto de reunir os 13.000 euros que custa un can adestrado para acompañar e favorecer que a nena mellore as súas condicións de vida. Piden axuda a particulares e institucións para poder lograr este financiamento e adquirir este animal.


Alba Rodríguez, nai de Leire, explica que logo de moitas terapias e psicólogos que non daban resultado, chegaron a Ramalladas, un centro de adestramento canino onde realizan actividades e terapia con cans asistentes. Tras asistir a algunhas sesións compobaron que esta actividade con cans melloraba os episodios de agresividade e dificultade da nena á hora de relacionarse.

“O can reacciona cando ve que a nena se está poñendo nerviosa, permitíndolle controlar as súas emocións e acompañándoa, servíndolle como apoio emocional e mellorando a súa capacidade para relacionarse” explica Alba.

Tras comprobar os beneficios que esta actividade amosou no comportamento de Leire decidiron adquirir un can de asistencia adestrado para seguir mellorando o seu día a día, brindándolle seguridade e facilitándolle unha vida máis independente e socialmente inclusiva para a nena.
Con todo, custear os gastos aparellados á adquisición e o adestramento do animal é moi complicado, xa que supón un investimento de 13.000 euros.

Malia que tentaron acceder ás axudas da administración explica que non atoparon apoios aconómicos para este tipo de investimento. Decidiron poñer en marcha unha campaña de venta de xabóns e candeas “pero non podemos vender en espazos privados como os centros comerciais, tampouco nos facilitan acceder a mercadiños e a única opción é a venta pola rúa, o que resulta moi complicado”.

A posta en marcha da asociación “patitas de apoyo”, que xa está rexistrada na Xunta, ten como obxectivo que lles permitan acceder a espazos públicos para vender estes xabóns solidarios.

Alba Rodríguez explica que a sociedade non está ainda peparada para facilitar a vida dos nenos e as nenas con discapacidade “as familias temos que enfrontarnos día tras día con retos moi difíciles de superar” e lamenta que dende o Concello “non se nos teña ofrecido ningún tipo de orientación, apoio específico ou alternativas malia tratarse dunha menor con discapacidade e dunha causa social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará