Hoxe é Xoves 29 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma polo mellora de EP2702 reclama á Deputación: “cando haxa unha desgracia levaran as mans á cabeza”

deputación si

A veciñanza continúa coas mobilizacións para reclamar un arranxo que non chega malia o compromiso da Deputación. Mentres esperan o arranxo do primeiro kilómetro da vía -o único comprometido malia que o vial ten 8 kilómetros- sucéndense os accidentes. Coches estragados polas fochancas, pequenas colisións polo estreito da calzada e continuas saídas de vía ao carecer de beiravía. Os afectados advirten “cando haxa unha desgracia levaranse as mans a cabeza”.

Angel Domínguez dende a plataforma lembra que este venres, e ante a falta de resposta de Deputación
“que se negan a recibirnos e negociar” desprazaranse á súa sede en Pontevedra onde se concentrarán ás 12:00 horas cunha pancarta par reivindicar que se inicien as obras.


Nas últimas horas produciuse un novo accidente: un rebetón na roda dun vehículo por culpa do mal estado da vía. Unha situación que se repite con demasiada frecuencia xa que, tal e como nos explicaba Marcial Vilaboa, “circular por esta estrada é un perigo constante, tráfico pesado, curvas sen sinalización e moi perigosas, ausencia de beirarrúas, falta de iluminación… o que demostra que o seu arrranxo é máis que necesario”.
Engaden a todo isto que a estrada é moi empregada por vehículos pesados “trafíco que se incrementou ao prohibirse o seu paso por Redondela e cando a estrada non está habilitada para soportar esta circulación de camións” .


Os afectados animan a veciñanza a acudir para reclamar a reforma de toda a estrada dende Os Valos ata Amoedo. Sairán ás 11 da mañá dende a casa da cultura de Nespereira e concentraranse unha hora despois diante da sede da Deputación.

O último accidente tivo lugar hoxe mesmo
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará