Hoxe é Mércores 28 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela promove unha enquisa para decidir investimentos municipais

parque pasán

A parroquia de Chapela conta cuns 30.000 euros procedentes dos orzamentos participativos. O seu investimento depende en gran medida do que se propoña no Consello parroquial, onde están presentes diferentes colectivos, entre eles as ANPAs dos centros educativos. Co obxecto de coñecer as necesidades e preferencias das familias teñen en marcha unha enquisa para que a veciñanza poida achegar as súas demandas.


O Consello Parroquial de Chapela está formado por diversas asociacións da parroquia que se xuntan para debater diferentes propostas de mellora para a zona. Cada ano, explica Martín Diéguez da Anpa de Laredo “entre todas as asociacións, escóllese por votación maioritaria unha proposta na que se investirá unha partida económica destinada a melloras na parroquia”.
Esta partida pode destinarse a cuestións tales como mellora de camiños ou estradas de uso municipal, renovación de pavimentos, mellora do alumeado público, acondicionamento de espazos comúns, parques infantís ou centros culturais.


Un abano de posibilidades aberto tamén a propostas non incluídas nesa listaxe. Así, entre as máis sorprendentes das demandas recibidas ata o de agora atópase a petición de que se cubran os parques infantís para facilitar o seu uso cando as condicións meteorolóxicas non o permiten.


Dende as Anpas animan á cidadanía a participar na enquisa que estará aberta durante os vindeiros días, ata a convocatoria do Consello parroquial.


A enquisa está accesible a través de internet neste enlace

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará