Hoxe é Mércores 28 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos acolle a proxección de “Antes de nós” co gallo da conmemoración do Día de Castelao

antes de nós

Normalización Linguïstica organiza este venres día 30 a proxección da película “Antes de nós” baixo a dirección de Ángeles Huerta. A cita será ás 20:00 horas con entrada de balde no Multiúsos da Xunqueira. Durante a mañá o filme chegará tamén ao alumnado do Institutos de Redondela e Chapela nunha data na que se conmemora o Día de Castelao. A película achéganos ao lado máis humano do intelectual, político e ilustrador galego.


As interpretacións de Xoán Fórneas (como Castelao) e Cris Iglesias (como Virxinia Pereira) permítennos coñecer o perfil máis humano de Castelao, como foi a morte do seu fillo ou a súa participación como médico voluntario na terrible gripe que arrasou Rianxo.
Ademais a fotografía, os detalles históricos ou o uso tan coidado do galego dialectal fan desta peza unha película de obrigada referencia para coñecer por medio do cinema a Castelao.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará