Hoxe é Luns 15 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A licitación da praza da Petanca permitirá contar cun ascensor e un auditorio ao aire libre

petanca

A transformación integral da praza Ponte da Lima, coñecida tamén como praza da Petanca, comezará no primeiro trimestre de 2026. O Concello sacou a licitación as obras por un importe de 877.438,37 euros. A actuación vai transformar un espazo de 2.300 metros cadrados no centro da vila. Crearase unha nova área de lecer e convivencia coa instalación dun ascensor público e un auditorio ao aire libre na parte traseira da parcela. A actuación foi presentada ao Plan Extra da Deputación e será financiada entre o Concello e o organismo provincial.
A actuación a realizar conservará a árbore existente e tamén a pérgola cunha parra e compatibilizarase coa humanización e naturalización de todo o espazo. Instalaranse novos pavimentos e vexetación, tanto na parte dianteira como no lateral do edificio existente. A praza servirá de antesala ao novo Viveiro de Empresas que ten e marcha Zona Franca. Haberá distintas zonas verdes e unha bancada forrada en madeira. Tamén se engadirán módulos para aparcar bicicletas, papeleiras e nova iluminación con tecnoloxía LED de maior eficiencia enerxética, baixo consumo e gran duración.
Ascensor urbano de uso público
Un ascensor de aceiro, vidro e aluminio salvará o gran desnivel existente na zona e mellorará a mobilidade dos peóns. O elevador unirá verticalmente a avda Ernestina Otero coa rúa Subida á Estación Vella. Nesta parte están situados servizos como un centro de día, unha escola infantil e un centro de fisioterapia, ademais de moitas vivendas. A alcaldesa explica que “agora é moi complicado acceder a pé a esta zona desde o centro da vila, porque a pendente é moi elevada”. A dificultade é maior aínda para persoas con mobilidade reducida. O ascensor público ofrecerá unha alternativa á veciñanza da zona e usuarios dos servizos existentes para evitar a forte pendente da rúa, resolvendo boa parte dos problemas de accesibilidade aos edificios e equipamentos.
Na parte posterior da parcela construirase unha bancada aproveitando a pendente natural do terreo para utilizalo como un auditorio ao aire libre. Terá unha capacidade de máis de 200 espectadores e poderá empregarse para eventos e actividades culturais como concertos, recitais, obras de teatro, etc. A bancada será de formigón forrada en madeira e manterase a vexetación con novos arbustos e árbores. Trátase dun espazo que xa se emprega como escenario o Festival Internacional de Títeres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará