Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pleno aproba o pago de 106.000 euros de facturas pendentes

pleno

A proposta do goberno local saíu adiante cos votos de PSOE, AER e BNG e os votos en contra do PP. Trátase de pagos por bens ou servizos prestados en 2024 e que deben aprobarse no pleno.

Os fondos sairán das arcas municipais, do remanente de Tesourería, e os pagos comezarán a realizarse en decembro unha vez superados os prazos que marca a lexislación.

O pleno da corporación aprobou o pago de facturas pendentes correspondentes ao ano 2024 por valor de 106,565 euros. Trátase de facturas de provedores locais e pequenas e medianas empresas, moitas correspondentes aos últimos meses do ano e que non se sufragaron no exercicio correspondente, polo que deben ser aprobadas en pleno. A proposta saíu adiante cos votos do PSdG-PSOE, AER e BNG, e o voto en contra do PP. A alcaldesa, Digna Rivas, agradece o apoio responsable do grupo municipal do BNG para sacar adiante a proposta e que os provedores poidan cobrar.

Os fondos para os pagos destas facturas sairán das arcas municipais, do remanente de Tesourería, que ascende a 4 millóns de euros. Logo de aprobarse onte o gasto no pleno da corporación, os pagos comezarán a realizarse en decembro, unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia e superados os prazos que marca a lexislación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará