O obxectivo desta iniciativa é a coordinación entre a administración local e o centro de saúde de Arcade para abordar de maneira interdisciplinar as necesitades da veciñanza. Unha mesa de coordinación sociosanitaria que terá reunións periódicas e que arrancará esta semana co programa ConCoidado, un cursiño que se centrará nas persoas que coidan e nas persoas que precisan dos coidados.
Terá unha parte formativa pero tamén servirá para crear unha rede de apoio e de intercambio de recursos e experiencias que seguro van ser de moita utilidade para mellorar o benestar das persoas.
O alcalde, Manu Lourenzo, os diferentes servizos do concello de Soutomaior (OMIX, CIM, Deportes, Traballadora Social e Educadora Familiar) e tamén representantes o centro de saúde de Arcade, María José González, médica de familia, e Ana Conde, enfermeira mantiveron unha reunión para comezar a traballar neste proxecto.
Unha mesa que nace para atender necesidades detectadas en materia de saúde da poboación xeral que precisan dun traballo comunitario no que todas as partes fagan achegas para que os resultados teñan un maior número de beneficios na saúde e atención ás persoas.









