Dos cen participantes, 53 mulleres e 47 homes cun perfil moi variado tanto en idades como en formación, un total de 85 acadaron un emprego tras pasar por este Programa que remata hoxe martes. Está previsto que este curso se desenvolva unha nova edición. As persoas interesadas en participar poden enviar o seu CV ao enderezo per@redondela.gal
Das 100 persoas que participaron no Programa Integrado de Emprego no curso 2024-2025, un total de 85 acadaron un traballo. Para a alcaldesa, Digna Rivas, esta elevada cifra de integración laboral é “un gran éxito”. O programa, que comezou en outubro de 2024, remata hoxe, 30 de setembro, e faino cunhas cifras “inmellorables”. Os resultados superan o obxectivo marcado ao inicio do programa, que buscaba acadar o 45% de inserción laboral dos participantes.
Os participantes, un total de 53 mulleres e 47 homes, presentaban un perfil moi variado: tanto mozos e mozas con baixa cualificación como outros que si tiñan formación previa, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, ou persoas en risco de exclusión social.
As persoas recibiron formación integral e variada, tanto teórica como práctica, cun total de 985 horas de formación: orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas e outros cursos orientados ao seu perfil. A través dos convenios realizados con empresas da comarca, 30 participantes realizaron prácticas e 21 deles foron contratados nesa mesma empresa.
O programa contou cun orzamento de 246.000 euros, 220.000 foron financiados pola Consellería Comercio e Emprego, e 36.000 polo Concello de Redondela.









