Tres xornadas e tres derrotas. Os de Redondela sitúanse nos últimos postos da clasificación en Preferente logo de tres partidos nos que non lles sorriu a fortuna. Esta fin de semana malia ir por diante en boa parte do partido disputado en Moaña, os locais souberon reaccionar e logo de acadar o empate lograron a vitoria no último minuto de partido, cun gol que deixaría o definitivo 3-2 no marcador.
Moaña 3-2 Choco
Complicado inicio de tempada o que está a vivir o CD Choco con tres derrotas consecutivas que o sitúan na parte baixa da táboa. Un gol de Lucas no minuto 90 permitía ao Moaña certificar esta fin de semana a derrota do Choco. Un gol en propia meta permitía ao Moaña sumar o 1-0 a media hora do inicio. Na segunda parte os de Redondela reaccionaron e lograron o empate no minuto 64 e, pouco despois, lograban poñerse por diante no marcador. Os locais lograban o empate e, cando parecía que o partido acabaría en táboas un gol de Lucas no último minuto daría a vitoria aos de Moaña.
Arcade 4-0 Ponte Caldelas
En Primeira Galicia, o CD Arcade sumou os tres puntos de partido cunha avultada vitoria ante o Ponte Caldelas. Sitúanse na novena praza da clasificación.
Soutomaior 1-1 Faxilde
Empate na Segunda Galicia entre o CD Soutomaior e o Faxilde
Chapela 4-1 Atlético de Vilar
O derbi local na Terceira Galicia enfrontou ao Chapela e o Atlético de Vilar e saldouse cunha importante vitoria para os de chapela que se sitúan na terceira praza do grupo.
Cesantes 10-0 Santomé
Tamén na Terceira Galicia milita o Cesantes que asinaba esta fin de semana unha vitoria máis que avultada nun partido disputado na casa ante o Santomé. Os de Cesantes son segundos do grupo.









