Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mural homenaxea a Castelao en Soutomaior

mural castelao

O mural, obra de Elvira Sánchez, xa se pode ver na ponte que da acceso ao peirao, na cara contigua ao Multiúsos de Arcade. A actuación artística rende homenaxe ao insigne escritor e político co gallo da conmemoración do Ano Castelao polo 75 aniversario do seu pasamento

O mural, que se realizou durante a mañá deste sábado día 20 de setembro, representa o escudo da serea deseñados polo autor sobre un fondo marítimo.

O lugar escollido para a realización deste mural é na ponte que da acceso ao Peirao, nas proximidades do Multiúsos e a súa autora foi a muralista Elvira Sánchez.

Un mural que ten moito significado para Soutomaior, xa que xa como lembrou o alcalde, Manu Lourenzo “levamos adiante esta iniciativa sendo conscientes que Soutomaior foi o 2º concello do mundo, despois de Montevideo, en ter unha rúa co nome de Castelao, e todas as nosas rúas do concello están identificadas coa tipografía de Castelao, por este motivo, Soutomaior non podemos deixar que unha efeméride como Castelao teña un espazo de homenaxe no concello”.

O deseño do mural consistirá nun fondo mariño, co escudo da serea e un verso de Castelao : “Nom lhe ponhades chatas á obra enquanto nom se rematar. Quem pense que vaia mal. O que pense que vaia mal que trabalhe nela. Há sítio para todas.”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará