Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ascenso histórico do Chapela Wofco á Eusko Label Liga

chapela

O Club de Remo de Chapela ven de facer historia. A embarcación de Arealonga competirá na máxima categoría do remo a nivel estatal, a ACT. O ascenso foi posible logo do play off disputado esta fin de semana en augas vascas. O equipo feminino logo de facerse co título galego non foi quen de lograr o ascenso á Liga Euskotren.

Fin de semana de celebración para os afeccionados ao remo logo de que a embarcación masculina de Chapela, baixo a dirección de Juan Zunzunegui, lograra un fito histórico: o ascenso por vez primeira na Liga ACT logo de finalizar en segunda posición no playoff celebrado en Portugalete por detrás de Santurtzi. A clasificación final deixou aos de Chapela (20:08) a tan só catro segundos de Santurzi (20:04) e por diante de Kaiku (20:13), Arkote (20:18) e Tirán (20:28).

O equipo de Chapela culmina así unha gran temporada na que acadou o título da Liga Galega por primeira vez. No play off, ao que foron os dous primeiros clasificados da Liga Galega, só quedou por detrás de Santurtzi e acadou unha das dúas prazas libres. Kaiku, que defendía o seu posto na ACT descende. Arkote e os moañeses de Tirán tampouco puideron conseguiu o éxito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará