Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR e o BM Chapela buscan o pase á final da Copa Federación

portada de Facebook Publicidad ilustrada azul y blanco (3)

O pavillón da Bomboneira será o escenario de tres emocionantes encontros do Club SAR Balonmán, este sábado 20 de setembro, o que prometen unha xornada chea de intensidade e apoio da afección.

Ás 18:30 horas, o equipo masculino de Primera Autonómica, o SAR OPmobility, enfrontarase ao Bueu Atlético BM na semifinal da Copa Federación. Un partido clave no que os xogadores buscarán o pase á final co apoio da súa afección. “¡Vamos, chicos!”, anima o club.

A continuación, ás 20:15 horas, o conxunto de Segunda Autonómica, o equipo filial SAR Globalmar, disputará un novo partido da fase de grupos da Copa Federación ante o Balonmán Miño. O equipo está decidido a dar o mellor de si e contar co respaldo da grada para sumar unha vitoria. “¡Con todo, chicos!”, destaca a SAR.

Ademais, a tarde comezará ás 16:30 horas cun encontro amigable das mozas do SAR Rodavigo, que se medirán ao Balonmano Cañiza. Este partido servirá para que o equipo feminino siga preparándose para a tempada nun ambiente festivo e competitivo.

O Club SAR Balonmán invita a toda a afección a encher A Bomboneira e apoiar aos seus equipos. A entrada está aberta para gozar dunha xornada de balonmán en Redondela.

BALONMÁN CHAPELA

O BM Chapela chega con forza ás semifinais da Copa Federación en Primeira Autonómica tras proclamarse líder do seu grupo. Os de Chapela demostraron un gran nivel na fase de grupos, superando ao Carballal (26-36), ao BM Atlántico (30-31) e ao Poio (41-29). Agora, enfrontaranse ao Seis do Nadal nunha semifinal que estaba programada para este sábado, 20 de setembro, pero que queda pendente de data debido a compromisos deportivos doutras competicións do Seis do Nadal. O BM Chapela, co apoio da súa afección, buscará un posto na final.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará